O concurso #fotolingua ten como finalidade darlle visibilidade á paisaxe lingüística do concello de Santiago de Compostela.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O concurso #fotolingua ten como finalidade darlle visibilidade á paisaxe lingüística do concello de Santiago de Compostela.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un estudo realizado na Universidade de Washington revela que as persoas que aprenden linguas con máis facilidade rexistran maior actividade neuronal en certos lugares do cerebro.
Fonte: Daily Mail
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea aclarou nunha notificación enviada a un xulgado de Barcelona que os cidadáns teñen dereito a recibir as comunicacións na súa lingua propia.
Fonte: La Vanguardia
Representantes de ambas as entidades participaron nun encontro cuxo obxectivo era achegar posturas acerca do conflito do valenciano que enfronta a estas dúas organizacións.
Fonte: Las Provincias
O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo recibiu o Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2016 na modalidade de Infantil e Primaria, nun acto que se celebrou no propio centro e no que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os versos de Manuel María chegarán neste mes das Letras aos fogares galegos a través da programación da Televisión Galicia, coa emisión de pequenas e creativas pezas audiovisuais realizadas a partir de dous poemas do escritor chairego, homenaxeado este ano pola Real Academia Galega no 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, presentaron na Secretaría Xeral de Política Lingüística o web 'Manuel María Xornalista' (http://manuelmaria.xornalistas.gal/).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O actual alcalde da cidade bretoa de Carhaix (Karaez en bretón) e candidato ás eleccións presidenciais de Francia, Christian Troadec, defenderá na súa campaña a oficialización das linguas rexionais e minoritarias de Francia.
Fonte: Nationalia
A medida que medra o poder económico de China en Kazakhistán, o chinés está comezando a substituír o inglés como lingua estranxeira no ensino público. O número de estudantes que decide aprender chinés é cada vez maior e aumenta a un ritmo constante.
Fonte: Ft.com
A convocatoria de axudas vai dirixida a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Subscríbase ao boletín