Creado e desenvolto por alumnos de dous centros educativos composteláns, o proxecto ten como principal obxectivo actualizar os valores da lingua galega.
Fonte: El Correo Gallego
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Creado e desenvolto por alumnos de dous centros educativos composteláns, o proxecto ten como principal obxectivo actualizar os valores da lingua galega.
Fonte: El Correo Gallego
Unha investigadora da Universidade de Edimburgo asegura que aprender linguas menos comúns ou minorizadas non só evita a súa extinción senón que ademais comporta beneficios cognitivos para o ser humano.
Fonte: The Guardian
Este curso académico introduciuse o ensino do kurdo nalgunhas zonas do norte de Siria administradas pola comunidade kurda.
Fonte: Globo
A Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) busca revitalizar o éuscaro cunha nova estratexia para que o seu uso como lingua de comunicación non siga relegado ao dun idioma de segunda.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O Servizo de Normalización Lingüística de Ordes cualifica o pasado ano como un dos máis intensivos dende 2013.
Fonte: Xornal Galicia Norte
O director xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo anunciou que haberá axudas para o fomento do valenciano nas zonas limítrofes de Murcia onde se fala esta lingua.
Fonte: El Periodic
Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou portuguesa ata o vindeiro 22 de abril e o gañador recibirá un premio de 6000 euros e a publicación da obra.
Fonte: Galicia Confidencial
Co obxectivo de promover o galego entre nenos de 0 a 6 anos a Concellería de Cultura de Redondela organiza actividades de dinamización lingüística en Redondela e Chapela.
Fonte: SNL de Redondela
Case un terzo das autoridades locais de Escocia impartirá clases dunha segunda lingua no primeiro ano do ensino primario.
Fonte: Holyrood
Un grupo de afeccionados do Cardiff City, o equipo de fútbol da capital galesa, solicitou que o club volva empregar o galés xunto co inglés nos anuncios que se fagan nos partidos.
Fonte: Wales Online
Subscríbase ao boletín