Un acto presidido polo deputado xeral de Biscaia no Pazo Euskalduna convida a sociedade biscaíña a implicarse na iniciativa euskararen txantxangorria e impulsar así o éuscaro.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un acto presidido polo deputado xeral de Biscaia no Pazo Euskalduna convida a sociedade biscaíña a implicarse na iniciativa euskararen txantxangorria e impulsar así o éuscaro.
Fonte: Deia
Iniciativa polo Asturiano denuncia a falta de medidas que impulsen o emprego do asturiano na Radiotelevisión do Principado de Asturias.
Fonte: Asturnews
Cúmprense vinte anos dende a celebración da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Fonte: CTNL
No programa de fomento do galego Ben Veñas, Maio participarán os once IES e CIFP públicos de Pontevedra. O programa inclúe certames de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música.
Fonte: Concello de Pontevedra
Lituania é o primeiro país báltico e o segundo de toda Europa, despois de Luxemburgo, en coñecemento de linguas estranxeiras: o 97 % dos lituanos entre 25 e 64 anos fala polo menos un idioma estranxeiro.
Fonte: Baltic Review
O diario estadounidense The New York Times presentou a súa edición web en español, de contido gratuíto e que inclúe unha selección dos mellores artigos da versión en inglés así como produción orixinal.
Fonte: Martí Noticias
A Deputación Foral de Biscaia pretende asegurar o desenvolvemento e a normalización do uso do éuscaro subvencionando as publicacións editadas integramente neste idioma con 400 000 euros.
Fonte: Deia
O Parlamento de Alxeria aprobou unha norma que considera o tamazight ou bérber lingua oficial xunto ao árabe. Porén, a lingua minorizada queda un grao inferior respecto ao árabe que continúa sendo a única lingua do Estado.
Fonte: Nationalia
A Asemblea Nacional de Francia rexeita por un voto unha proposta de lei que defendía a protección do éuscaro no País Vasco francés e doutras linguas minorizadas de Francia.
Fonte: Deia
Ábrese o prazo de presentación de obras ao Concurso Internacional de Poesía Cidade de Pamplona que por primeira vez entregará un galardón en castelán e outro na modalidade de éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Subscríbase ao boletín