Co proxecto Kastanya.cat preténdese impulsar os grupos que cantan en lingua catalá e occitana para fomentar o seu uso.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co proxecto Kastanya.cat preténdese impulsar os grupos que cantan en lingua catalá e occitana para fomentar o seu uso.
Fonte: La Vanguardia
A Real Academia Vasca presentou o sétimo volume do atlas onde se recollen termos e expresións orais actualmente en desuso ou de uso minoritario.
Fonte: ABC
A Xunta deulle a benvida a Galicia a un grupo de 18 estudantes de galego en Londres e dous docentes chegados na súa 'Viaxe da Lingua 2016' para percorreren diversos lugares da nosa comunidade autónoma e coñeceren así de primeira man a nosa lingua e cultura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno do arquipélago busca con estas cláusulas o compromiso lingüístico das empresas como un elemento máis de responsabilidade social corporativa.
Fonte: Periódico de Ibiza
Segundo a quinta edición deste informe, elaborado pola Plataforma per la Llengua, o uso do catalán incrementouse no ámbito cultural, internet e as novas tecnoloxías, pero descendeu en educación.
Fonte: ABC
A edición do Correlingua deste ano, que finalizará o 16 de maio, comezou en Pontevedra, onde máis de 2000 escolares participaron na etapa inaugural desta carreira.
Fonte: Sermos Galiza
Portugal organizará 200 accións culturais para celebrar o Día da Lingua Portuguesa nun total de 58 países. O lema deste ano é "Unha lingua grande, como os mares".
Fonte: Observador
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Artur Santos Silva, declarou que o feito de que os Xogos Olímpicos se celebren este ano no Brasil pode ser unha oportunidade para que o portugués se converta en lingua de traballo do Comité Olímpico Internacional.
Fonte: Notícias ao Minuto
Coa mobilización, a plataforma Queremos Galego quere amosar como a maioría do poboación quere a lingua galega en todos os espazos.
Fonte: Sermos Galiza
Distribuída baixo o nome Xenial Xerus, a versión de Ubuntu en galego xa se pode descargar.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín