Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de maio de 2016

    Este corpus multilingüe (Hizkuntzen Arteko Corpusa/Corpus Multilingüe Paralelo) será de grande axuda para profesionais cuxa ferramenta de traballo sexan as linguas (tradutores, docentes, escritores ou investigadores).

    Fonte: La Vanguardia

    09 de maio de 2016

    Arredor de 5000 persoas manifestáronse para pedir a oficialidade do asturiano, unha reivindicación á que este ano se sumaron representantes de oitenta concellos.

    Fonte: Asturies.com

    09 de maio de 2016

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca en Twitter o concurso "Que se vexa! O galego" que ten como obxectivo visibilizar e reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos.

    Fonte: CTNL

    09 de maio de 2016

    O documento ¿Y a partir de ahora qué? recolle as previsións do Goberno vasco sobre o futuro do éuscaro e conclúe que en 2013 case a metade da poboación vasca será falante desta lingua.

    Fonte: El Diario

    06 de maio de 2016

    Alumnado da Universidade de Ciencias e Tecnoloxía de China desenvolveu un robot con aparencia humana que é capaz de falar dúas linguas: chinés e inglés.

    Fonte: SapoTek

    06 de maio de 2016

    O Ministerio de Educación de Portugal quere implantar medidas para que as clases de portugués e linguas estranxeiras poidan ter menos alumnado e poder así dedicar máis tempo á realización de exercicios prácticos.

    Fonte: Expresso

    06 de maio de 2016

    Máis de 1000 sinaturas foron recollidas a través de Change.org para que os topónimos galegos aparezan escritos na súa forma oficial nos mapas de Google.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de maio de 2016

    Unha enquisa encargada por El Periódico revela que o 72,7% da poboación catalá considera que o catalán e o castelán deberían ser linguas oficiais nunha Cataluña independente.

    Fonte: El Periódico

    06 de maio de 2016

    Máis de 5000 persoas xa asinaron a petición en liña que lle demanda ao Goberno británico que continúe financiando o desenvolvemento da lingua córnica.

    Fonte: Nationalia

    06 de maio de 2016

    Con motivo dunha reunión en Estrasburgo, o presidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés), Patxi Baztarrika, pediulle ao responsable da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa colaboración en materia de diversidade lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder