Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de marzo de 2016

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao Pergamiño Vindel como unha proba de que Galicia é o pobo da palabra.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2016

    As axudas irán destinadas tanto á tradución de libros galegos a outros idiomas como á tradución de obras estranxeiras ao galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de marzo de 2016

    A publicación quincenal portuguesa Jornal de Letras, Artes e Ideias celebra o seu trixésimo quinto aniversario mantendo o obxectivo para o que naceu: a defensa e promoción da lingua portuguesa.

    Fonte: RTP Notícias

    02 de marzo de 2016

    A cidade portuguesa de Bragança acollerá o Museo da Lingua Portuguesa. O proxecto aínda está á espera de recibir o financiamento de entidades europeas.

    Fonte: Nordeste

    02 de marzo de 2016

    Co obxectivo de fomentar a creación dixital innovadora en lingua galega, o Concello de Carballo celebrará a terceira edición do festival entre o 5 e o 7 de maio.

    Fonte: Código Cero

    02 de marzo de 2016

    O Departamento de Cultura publicou esta guía que vai dirixida á poboación de Cataluña que ten o francés como lingua inicial ou de aprendizaxe.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de marzo de 2016

    A iniciativa parte da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades e ten entre os seus obxectivos fomentar o uso do galego como vehículo para a creatividade, co apoio das novas tecnoloxías.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de marzo de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a primeira edición do Concurso 'Balbino' de relatos, un certame que nace coa idea de promover a literatura e a lingua galegas, así como os escritores que nela crean as súas obras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de marzo de 2016

    O viceconselleiro de Política Lingüística vasco destacou o impacto que xera o éuscaro en termos económicos sobre o PIB en comparación con outros sectores.

    Fonte: Deia

    01 de marzo de 2016

    O presidente peruano do Poder Xudicial defendeu que se diten sentenzas en linguas indíxenas no Primeiro Congreso Internacional “O pluralismo xurídico e o exercicio dos dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas”.

    Fonte: Andina

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder