Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de marzo de 2016

    Descontando as prazas de Educación, as prazas con perfil de éuscaro na Administración de Navarra non alcanzan nin o 1 % do persoal.

    Fonte: Noticias de Navarra

    04 de marzo de 2016

    O 10 de marzo remata o prazo para participar no obradoiro convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Enfermería para aprender como funciona a plataforma de tradución e subtitulación.

    Fonte: Xornal da USC

    04 de marzo de 2016

    Os cursos de linguaxe xurídica, impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, están dirixidos ao persoal da Administración de xustiza que presta servizos tanto en Galicia como fóra da comunidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de marzo de 2016

    O concurso propón o reto de realizar unha curtametraxe cunha duración máxima de dous minutos na que se explique un concepto matemático en galego.

    Fonte: Xornal da USC

    04 de marzo de 2016

    A canle en fala galesa S4C introducirá subtitulación en inglés en moitos dos seus programas. Esta iniciativa foi duramente criticada por asociacións a prol da lingua vernácula como a Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg).

    Fonte: Daily Post

    04 de marzo de 2016

    Timor Leste quere garantir un ensino de calidade en lingua portuguesa e precisa para acadalo do apoio de todos os membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    03 de marzo de 2016

    O espectáculo 'A viaxe de Rosalía' estréase esta fin de semana con dúas visitas á comarca de Ordes. A primeira será o sábado 5 de marzo no Concello de Frades que, coa programación desta peza, quere aproveitar para conmemorar tanto o recente Día de Rosalía (24 de febreiro) como o próximo Día da Muller (8 de marzo).

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2016

    Un total de 46 portais da Administración autonómica, entre eles xunta.gal, empregan xa o dominio galego. A Xunta avanza así no proceso para consolidar o .gal como dominio que identificará todas as súas iniciativas en internet.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2016

    O centro destaca as visitas que recibiu a súa web durante o último ano, así como as consultas realizadas por distintas entidades e organizacións.

    Fonte: Servimedia

    03 de marzo de 2016

    A Plataforma pola Lingua celebra que o catálogo de Netflix incorporase catro títulos en catalán aínda que o considere insuficiente e solicita que a presenza desta lingua vaia en aumento.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder