A reforma do artigo 230 da Lei Federal de Telecomunicacións permitirá que se poidan utilizar as linguas indíxenas de México nos programas de radio e televisión.
Fonte: El Universal
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A reforma do artigo 230 da Lei Federal de Telecomunicacións permitirá que se poidan utilizar as linguas indíxenas de México nos programas de radio e televisión.
Fonte: El Universal
O Goberno da República Federal Alemá dobrou o orzamento que destinará a cursos de alemán para refuxiados. Esta partida orzamentaria axudará os refuxiados a aprender a lingua e obter os certificados que precisan para traballar.
Fonte: Ft
O pleno das Cortes aragonesas rexeitou reformar a lei de patrimonio para eliminar as denominacións de "aragonés" e "catalán de Aragón".
Fonte: Heraldo
Desde a súa posta en marcha no ano 2003, o programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña alcanzou as 100 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O proxecto VOC (Versión Orixinal en Catalán) ten como finalidade impulsar a produción audiovisual en catalán a través da concesión de premios a curtametraxes, micrometraxes e webseries.
Fonte: La Vanguardia
Este concurso de teatro radiofónico está destinado ao alumnado de 3º ciclo de primaria e da ESO. Haberá un premio á mellor dramatización radiofónica e un premio á calidade lingüística.
Fonte: SNL de Redondela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e máis a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocan cinco novos cursos de formación en galego dirixidos a reforzar a capacitación lingüística do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública, a través do seu portal educativo e mais do Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal), a resolución da V edición dos Premios a curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Aula Abierta, un programa de Radio Andalucía Información (RTVA), galardoou un traballo de investigación da Universidade de Málaga no que se analizan as noticias que tratan sobre divulgación lingüística e sobre as linguas de España e as súas variedades.
Fonte: La Vanguardia
O presidente da cámara municipal de Miranda do Douro, Artur Nunes, mostrouse disposto a colaborar co Principado de Asturias no ámbito da investigación lingüística, xa que os idiomas mirandés e asturiano teñen aspectos comúns.
Fonte: RTP
Subscríbase ao boletín