Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de marzo de 2016

    Un estudo realizado entre os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO revela un retroceso do coñecemento do éuscaro tanto oral como escrito.

    Fonte: El Diario Vasco

    23 de marzo de 2016

    Desde o departamento de Educación, Cultura e Deporte indican que se tentará que a nova lei sexa unha norma de consenso.

    Fonte: Diario de Teruel

    23 de marzo de 2016

    A Concellería de Normalización Lingüística organiza cursos de valenciano en liña para o persoal do Concello que permitirán que se preparen para obter os certificados de nivel C1 e C2.

    Fonte: El Periodic

    22 de marzo de 2016

    Con máis de 270 falantes no mundo, a lingua de Molière perde falantes nalgúns lugares do mundo onde a Organización Internacional da Francofonía considera que existe tradición francófona.

    Fonte: Nationalia

    22 de marzo de 2016

    Un colectivo a prol da lingua bretoa convoca unha manifestación para demandar a sinatura dun acordo que garanta unha verdadeira política institucional a favor do bretón.

    Fonte: Le Télégramme

    22 de marzo de 2016

    No FOLC trabállanse os contidos para obter os certificados de capacitación en lingua catalá, titulación necesaria para exercer a docencia en Baleares.

    Fonte: UH Noticias

    22 de marzo de 2016

    Co obxectivo de adaptar e integrar as persoas que chegaron a vila recentemente, o concello ofrece un curso intensivo no que se lles ofrece orientación sobre diferentes temas.

    Fonte: El Diario Vasco

    22 de marzo de 2016

    Entre os cursos que convoca a Deputación está o de “Lingua galega en documentos administrativos” cuxo prazo de inscrición remata o 1 de abril.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de marzo de 2016

    A Universidade de Barcelona convoca o Premio Carme Serrallonga Paisatges Lingüístics que ten como finalidade impulsar o estudo da paisaxe lingüística nos territorios de fala catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de marzo de 2016

    O embaixador de Guinea Ecuatorial en Portugal, Tito Mba Ada, pediulles apoio ás universidades lusófonas para promover o ensino do portugués no país.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder