Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xuño de 2016

    A Mesa pola Normalización Lingüística aproveita a campaña electoral para pedir a todas as formacións políticas un novo decreto do galego no ensino.

    Fonte: Sermos Galiza

    20 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de ler na Carballeira de Pousada, en Curantes, o pregón da XX edición da Festa dos Pereiriños.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xuño de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de xuño de 2016, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

    20 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou no Pazo de San Roque o Congreso Internacional 'Guerras e Conflitos de Onte e de Hoxe (Literatura e Arte)', organizado pola Consellería de Cultura e Educación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xuño de 2016

    A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convida a se achegar á figura e á obra do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2016 a través da exposición itinerante ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso’, que se pode visitar na capital galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de xuño de 2016

    O Parlamento de Ucraína aprobou unha serie de medidas que obrigan as estacións de radio a respectar cotas mínimas de cancións en lingua ucraína. O propósito é incrementar a porcentaxe de cancións nesta lingua do 5 % actual ao 35 % en 2018.

    Fonte: Ukraine Today

    17 de xuño de 2016

    O Goberno de Ecuador quere construír escolas co fin de promover o ensino das linguas de 14 etnias indíxenas do país. Polo momento inaugurou unha escola na vila quechua de Chibuleo.

    Fonte: La Croix

    17 de xuño de 2016

    O Goberno da provincia canadense de Ontario estudará a creación dunha universidade francófona en Toronto despois de que un informe avalase a súa idoneidade.

    Fonte: ICI Radio Canada

    17 de xuño de 2016

    A ministra de Educación de Francia, Najat Vallaud Belkacem, anunciou a introdución do ensino opcional da lingua árabe nas escolas primarias. A medida levantou polémica entre a poboación e os medios de comunicación.

    Fonte: RT

    17 de xuño de 2016

    Os euskaltegis e barnetegis acolleron máis de 5000 persoas o pasado verán. Os alumnos interesados en aprender éuscaro poden elixir algún dos numerosos cursos que ofrecen estes centros.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder