Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de abril de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a figura de Manuel María -a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas- porque, máis aló da súa calidade literaria e da súa prolífica obra poética, “foi un home comprometido coa cultura, coa sociedade e co idioma dun xeito absoluto”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de abril de 2016

    As empresas contratadas polo Concello de Valencia deberán cumprir, entre outras, unha cláusula lingüística pola que se comprometen a realizar en valenciano as súas comunicacións externas e co Consistorio.

    Fonte: El Periodic

    15 de abril de 2016

    O Goberno do Quebec está a punto de aprobar unha nova lexislación que permitirá ás grandes superficies empregar exclusivamente nomes en inglés na súa rotulación comercial.

    Fonte: CBC

    15 de abril de 2016

    Nova Zelandia acaba de aprobar unha nova lei que garantirá a revitalización da lingua maorí a nivel local. Este novo documento oficial substituirá a lexislación anterior de 1987.

    Fonte: Newshub

    15 de abril de 2016

    A coalición de goberno de conservadores e socialdemócratas de Alemaña aprobou novas leis que obrigarán os refuxiados que cheguen ao país a aprender alemán.

    Fonte: UPI

    15 de abril de 2016

    Unha representante do Senado de Guinea Ecuatorial aclarou que os parlamentarios do país africano recibirán clases de portugués, sobre todo aqueles que traballen en postos de contacto coa CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    15 de abril de 2016

    O proxecto, realizado a través do persoal técnico da ONCE, contou coa subvención da Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco.

    Fonte: Euskara

    15 de abril de 2016

    Lingua Viva é un programa organizado pola Deputación de Lugo co que se quere homenaxear a Manuel María, escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016.

    Fonte: Galicia Confidencial

    15 de abril de 2016

    Iniciativa pol Asturianu presentou un informe no que analiza os dez últimos anos do ente público e no que realiza propostas lingüísticas e culturais.

    Fonte: El Digital de Asturias

    14 de abril de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou que a Xunta de Galicia elaborará o primeiro plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder