Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xullo de 2016

    Co obxectivo de maximizar a súa audiencia, a canle NBC fixo presión para cambiar a lingua oficial da cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Río, para que esta fose en inglés e non en portugués.

    Fonte: Economía Hoy

    29 de xullo de 2016

    A lingüista Ana Kondic presentou a súa tradución ao tének da obra O Principiño, unha lingua tamén coñecida como huasteco que se fala nalgunhas comunidades indíxenas de México.

    Fonte: La Jornada

    29 de xullo de 2016

    Estas subvencións están destinadas aos habitantes do municipio matriculados nalgún dos cursos de éuscaro entre o 1 de setembro do 2015 e o 31 de agosto de 2016.

    Fonte: En Baracaldo

    29 de xullo de 2016

    O Censo de entidades de fomento da lingua catalá incorporou 26 entidades novas respecto ao 2015. Este censo agrupa máis de 700 000 socios de diferentes ámbitos de actuación.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de xullo de 2016

    Estes datos correspóndense ao ano 2015, no que unha ducia de teses de doutoramento foron publicadas en galego. Os autores destas teses coinciden en que a razón principal do idioma foi a coherencia, compromiso coa lingua e a cultura galega, e o convencemento de que o galego é tan válido como calquera outra lingua.

    Fonte: Universidade de Vigo

    28 de xullo de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística concluíu na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a selección dos 12 novos lectores de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporarán no curso académico 2016-2017 ás universidades de Barcelona, Bangor (Reino Unido), Heidelberg, Kiel, Leipzig (Alemaña), Varsovia (Polonia), Berlín (Alemaña), Lisboa (Portugal), Roma (Italia), Zádar (Croacia), Río de Xaneiro e San Paulo (Brasil).

    28 de xullo de 2016

    En total destinaranse 200 000 euros para subvencionar a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro para as ensinanzas regradas non universitarias.

    Fonte: El Diario

    28 de xullo de 2016

    O Premio CCC á mellor iniciativa lingüística do sector comercial ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no comercio, os servizos e o turismo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de xullo de 2016

    A actividade de dinamización lingüística 'Contos vellos para rapaces novos' homenaxeará a Xosé Neira Vilas en 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta no marco do novo programa 'Galicia culturea. Lingua e cultura no verán'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de xullo de 2016

    O obxectivo do programa "Despois de merendar… a rúa é nosa!" é que os cativos xoguen libremente nas rúas empregando o galego.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder