Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de agosto de 2016

    O motor de busca yongzin.com constitúe un portal unificado para os principais sitios web en lingua tibetana en China.

    Fonte: Spanhish.China

    23 de agosto de 2016

    Neste sétimo encontro de estudos e investigacións sobre a lingua aragonesa debaterán temas relacionados coa lingüística e a literatura.

    Fonte: Radio Huesca

    23 de agosto de 2016

    Os centros de ensino do inglés no Reino Unido temen que a ruptura coa Unión Europea (Brexit) afecte negativamente ao número de matriculados. Ante a nova situación, o Goberno británico podería impor máis restricións á entrada de estudantes procedentes da Unión Europea.

    Fonte: Financial Times

    23 de agosto de 2016

    O British Council mostrou a súa preocupación pola diminución do estudo de linguas modernas nos centros de ensino de secundaria no País de Gales. A organización denunciou que esta situación supón un prexuízo para a economía do país.

    Fonte: ITV

    22 de agosto de 2016

    Do 22 ao 27 de agosto celébrase a semana da lingua guaraní co obxectivo de promover e normalizar o uso oral e escrito deste idioma.

    Fonte: Hoy

    22 de agosto de 2016

    Os pobos orixinarios xa teñen á súa disposición formularios na súa lingua para levar a cabo xestións e denuncias ante o Valedor do Pobo de Arxentina.

    Fonte: Segundo Enfoque

    22 de agosto de 2016

    O Goberno de Aragón recoñeceu unha nova categoría para estas dúas linguas como idiomas vehiculares, o cal permitirá que as escolas de Aragón impartan as clases en catalán ou en aragonés.

    Fonte: Público

    22 de agosto de 2016

    Segundo a ministra de Educación e Ciencia deste país, xa se desenvolveu unha norma internacional do ucraíno e preténdese introducir un exame para as persoas estranxeiras que o queiran aprender como segunda lingua.

    Fonte: Sputnik

    19 de agosto de 2016

    As axudas ao estudo do éuscaro procedentes do Concello de Llodio ascenden a un total de 43 350 euros, distribuídos en 149 bolsas.

    Fonte: El Correo

    19 de agosto de 2016

    O Goberno de Cataluña investirá 1 031 725 de euros en axudas destinadas ao ensino da lingua catalá en universidades estranxeiras durante o curso 2016-2017. O Instituto Ramon Llull será o encargado da xestión deste orzamento.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder