Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación co I Certame Literario de Relato Curto Manuel Otero Saavedra, unha iniciativa da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Festival de Cans cun grupo de 50 alumnos e alumnas do CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra), un dos centros gañadores da pasada edición do certame audiovisual de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!” coa súa curta de animación 'A min non me comas'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2016

    Na Festa da Lingua participan os centros educativos da vila que presentarán diferentes manifestacións artísticas relacionadas coa defensa da lingua galega.

    Fonte: El Correo Gallego

    23 de maio de 2016

    Esta experiencia de inmersión lingüística forma parte da V Trobada Vivir en Aragonés, unha iniciativa que prevé a realización de diferentes actividades cultuais e de lecer que teñen como obxectivo concienciar sobre a preservación da lingua aragonesa.

    Fonte: Heraldo

    23 de maio de 2016

    Presentouse na comarca do Alto Gállego unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso do aragonés na vida cotiá en ámbitos como o comercio, a hostalería e os centros educativos.

    Fonte: Noticias Huesca

    20 de maio de 2016

    Unha nova aplicación permitirá que os nenos e nenas escoceses aprendan gaélico por medio da música tradicional.

    Fonte: Scotland Now

    20 de maio de 2016

    A presidenta da rexión Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos avoga pola creación dunha convención común das academias de Tolosa e Montpellier a favor do ensino da lingua occitana.

    Fonte: La Setmana

    20 de maio de 2016

    A Fundación Oriente en Timor Leste outorgou o Premio da Lingua Portuguesa a dous contos que se inspiran na tradición timorense.

    Fonte: Diário de Notícias

    20 de maio de 2016

    Un estudo realizado pola rede de colaboración Universia e o sitio de emprego Trabalhando.com revelou que o 80 % dos universitarios portugueses pode expresarse nunha segunda lingua.

    Fonte: Delas

    20 de maio de 2016

    Ambos os gobernos, o de Cataluña e o das Baleares, asinaron un convenio de colaboración para o fomento e a proxección exterior do catalán.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder