O Premio de Relato Breve Nélida Piñón, impulsado pola Xunta de Galicia, polo Concello de Cotobade e pola Deputación de Pontevedra, celebrará este ano a súa segunda edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Premio de Relato Breve Nélida Piñón, impulsado pola Xunta de Galicia, polo Concello de Cotobade e pola Deputación de Pontevedra, celebrará este ano a súa segunda edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un grupo de psicólogos da Universidade de Chicago revelou nun estudo que o uso dunha lingua estranxeira pode influír na toma de decisións xa que axudaría a chegar a conclusións máis racionais e imparciais.
Fonte: Wired
As radios privadas francesas e os medios de comunicación francófonos rexeitan a medida que pretendía garantir un 4 % da música en linguas rexionais nos espazos radiofónicos.
Fonte: Jornalet
A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou este plan de fomento do catalán no marco da reunión do Consello das Comunidades Catalás do Exterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A convocatoria do I Premio Pedro Lafuente, un certame literario en aragonés, ten como obxectivo reivindicar o traballo deste polifacético autor.
Fonte: Heraldo
O Goberno de Aragón puxo en marcha en cinco centros do Pireneo un proxecto piloto que permitirá que algunhas materias de Infantil se impartan utilizando o aragonés como lingua vehicular.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse cos novos lectores e lectoras de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporan este curso 2016-2017 á Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) crea unha plataforma dirixida a docentes especializados en portugués.
Fonte: Açoriano Oriental
Asociacións a prol do gaélico en Irlanda inician unha campaña de protesta despois de que un pub de Cork prohibise a un empregado falar a lingua irlandesa durante a súa xornada laboral.
Fonte: Newstalk
Ponse en marcha a segunda edición do proxecto “T’agradarà llegir en català” que fará chegar arredor de 9000 revistas en catalán a 300 centros médicos privados de Cataluña para que estean a disposición dos usuarios nas salas de espera.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín