Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xuño de 2016

    A ministra de Educación de Francia, Najat Vallaud Belkacem, anunciou a introdución do ensino opcional da lingua árabe nas escolas primarias. A medida levantou polémica entre a poboación e os medios de comunicación.

    Fonte: RT

    17 de xuño de 2016

    Os euskaltegis e barnetegis acolleron máis de 5000 persoas o pasado verán. Os alumnos interesados en aprender éuscaro poden elixir algún dos numerosos cursos que ofrecen estes centros.

    Fonte: Diario Vasco

    17 de xuño de 2016

    O Portal das Palabras é unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e da Fundación Barrié para a difusión da lingua galega no ámbito tecnolóxico. Recentemente incorporaron novas funcionalidades e versións das súas aplicacións móbiles.

    16 de xuño de 2016

    Máis de 3.500 persoas estudan portugués en Galicia ao abeiro das medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia en prol do cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e para afondar nos vínculos coa lusofonía, coñecida como Lei Paz-Andrade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou que o disco 'Son galego, son cubano' narra a emigración "a través dun dos persoeiros que mellor a coñeceu: Neira Vilas". Así o subliñou con motivo da presentación do proxecto ideado polo músico Roi Casal e polo finado escritor galego, no que tamén participaron recoñecidos persoeiros do mundo da cultura cubana, coma o compositor Pablo Milanés, a cantante Laritza Bacallao e a cineasta Natasha Vázquez.

    16 de xuño de 2016

    Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, presentou na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña o ciclo de debate “No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2016

    A Consellería de Cultura e Educación leva ata os municipios de Verín, Vilalba, Viana do Bolo, O Pereiro de Aguiar, Celanova e Burela as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no acto de presentación das obras "Volframio, música e profecías" e "O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963)", dos escritores Marcelino Salgueiro e Carmen Blanco, respectivamente.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega dos premios da quinta edición do certame ‘Nós tamén creamos!’, impulsado polo seu departamento para galardoar curtas de animación en galego elaboradas por alumnado de infantil e de primaria coa técnica stop-motion.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2016

    Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, participou no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), na apertura do congreso 'Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe. Literatura e arte', organizado polo CRPIH e polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder