Turquía quere aprobar medidas no ámbito da educación que permitirán que os escolares de quinto ano do ensino elemental poidan ter docencia en linguas como o turco, o inglés, o alemán, o francés e o árabe.
Fonte: Hurriyet Daily News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Turquía quere aprobar medidas no ámbito da educación que permitirán que os escolares de quinto ano do ensino elemental poidan ter docencia en linguas como o turco, o inglés, o alemán, o francés e o árabe.
Fonte: Hurriyet Daily News
O partido portugués Bloco de Esquerda quere mellorar a inclusión e a integración da comunidade de xordos e propuxo con este fin que a lingua de signos poida ser ensinada nas escolas como actividade extraescolar.
Fonte: RTP
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística declara que só unha de cada mil lápidas está escrita en galego, polo que presenta esta proposta para rehabilitar a memoria cultural e lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
Este xornal ten unha periodicidade mensual e está editado integramente en galego, a toda cor e orientado aos estudantes de primaria e secundaria.
Fonte: Cultura Galega
Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Neste evento trataranse, entre outros, temas relacionados cos nomes e os apelidos galegos.
Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
A amoestación ten a súa orixe na actitude da xuíza ante dúas avogadas que empregaban o catalán nun xuízo de faltas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Consellería de Cultura e Educación, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou no acto inaugural da exposición conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala “Saúde e Terra, irmá(n)s”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Cotobade e a Deputación Provincial de Pontevedra presentaron a segunda edición do Certame de Relato Breve Nélida Piñón, nun acto que contou coa participación da escritora brasileira de raíces galegas, precisamente de Cotobade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O estudio presentado no XXXIX Congreso Brasileiro de Ciencias da Comunicación chega á conclusión de que o emprego do galego medrou, pero o castelán segue a ser a lingua de maior uso.
Fonte: Galicia Confidencial
Este monográfico inclúe unha ducia de traballos de sociolingüistas e outros expertos onde analizan situación da lingua galega no ensino infantil e na infancia.
Fonte: Praza Pública
Subscríbase ao boletín