A Radio Galega convoca, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, un certame que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, cualificou como “imprescindible”, tanto polo seu papel a prol da “promoción da escrita do xénero dramático nun formato para radio” como polo feito de impulsar “unha actualización desta escrita desde as linguaxes contemporáneas en galego”.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe a Luís Porteiro Garea que organizou a Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Co gallo do mes da ciencia en galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia promove en novembro unha completa programación de actividades dirixida á posta en valor das bibliotecas e mais do seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Estes cursos teñen como obxectivo que pais e nais que non saben catalán adquiran coñecementos básicos desta lingua para comunicarse coas súas fillas e fillos e axudarlles na súa aprendizaxe.
Fonte: ABC
A campaña 'Unha lingua de Lei", impulsada pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e mais pola Irmandade Xurídica Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recoñeceu o compromiso do Concello de Cangas coa normalización do galego no ámbito da xustiza.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O historiador experto en filosofía indíxena, Miguel León-Portilla, defendeu a necesidade de que o Goberno de México desenvolva políticas que garantan a supervivencia das linguas indíxenas.
Fonte: Tele Sur
O Ministerio de Cultura do Perú e o goberno da rexión de Apurímac están a piques de aprobar unha lei que fortalecerá e protexerá os dereitos dos falantes das linguas indíxenas que se falan na zona.
Fonte: Crónica Viva
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na gala de entrega dos Premios aRi(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesas, que acolleu o Teatro Principal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa entrou en vigor en Noreña a ordenanza municipal de uso do asturiano despois de cumprir todos os trámites legais e o período de exposición pública durante o cal non se recibiu alegación ningunha.
Fonte: La Nueva España
Este estudo, realizado polo Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián, conclúe que as redes neuronais que se activan son diferentes en función da lingua en que se le.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín