A Xunta de Galicia e mais a Casa-Museo Manuel María impulsaron durante este ano o proxecto itinerante para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta de Galicia e mais a Casa-Museo Manuel María impulsaron durante este ano o proxecto itinerante para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este programa, impulsado pola Fundación puntCAT co apoio do Goberno de Cataluña, ten como obxectivo crear consciencia das oportunidades do mundo dixital para o comercio local.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Estes dicionarios están vinculados á formación profesional, á empresa, á Administración pública e ao dereito, e inclúen definicións con equivalencias en castelán, francés e inglés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Por este motivo, impulsaron o hastag #VodafoneOdiaOGalego e criticaron a actitude da empresa cos galegofalantes, xa que desde Vodafone recoñecen que só atenden en castelán.
Fonte: Sermos Galiza
Nace Euskal Elkargoa, unha nova institución que loitará pola promoción e o desenvolvemento do éuscaro no País Vasco francés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, anunciou a actualización das normas que rexen o uso institucional das linguas inglesa e francesa por parte do Goberno.
Fonte: CBC
O servizo de tradución Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015, cando a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición da cidadanía esta ferramenta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participou na homenaxe que o Concello de Cuntis, a Fundación Terra Termarum e Edicións Fervenza lle brindan ao mestre e escritor Olimpio Arca Caldas a poucos días do segundo cabodano do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Na recta final do ano das Letras Galegas dedicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, Uxía e Magín Blanco lanzan un novo videoclip que completa a homenaxe iniciada polos dous músicos en Canta o cuco e Todo me fala de ti.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bueu na mesa redonda e degustación 'O galego. A lingua do padal'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín