Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de setembro de 2016

    A Estrada vai clausurar as actividades de contacontos da Rede de Dinamización Lingüística incluídas no programa 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán', que se desenvolve en máis de 160 concellos da Comunidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de setembro de 2016

    A 34a edición da Semana do Libro en Catalán celebrarase en Barcelona, onde reunirá un total de 150 expositores.

    Fonte: La Vanguardia

    01 de setembro de 2016

    A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a marxinación da lingua galega existente na sinalización das praias de Area Maior e Canido, no Concello de Malpica.

    Fonte: La Opinión A Coruña

    31 de agosto de 2016

    O lingüista australiano Murray Garde declarou que a pesar da terrible perda lingüística dos últimos séculos en Australia, os tempos actuais presentan un clima propicio para o rexurdimento das súas linguas indíxenas. Segundo opina, unhas 20 linguas aborixes terían oportunidades de sobrevivir se se aplican as políticas de promoción axeitadas.

    Fonte: The Guardian

    31 de agosto de 2016

    Segundo un informe de SeproTec Multilingual Solutions, o romanés, o árabe e o chinés son, por esta orde, as linguas estranxeiras máis solicitadas para a súa tradución nos xulgados madrileños.

    Fonte: La Información

    31 de agosto de 2016

    Estas probas de éuscaro servirán para acreditar o perfil lingüístico 2 ao persoal sanitario, co obxectivo de cumprir co Plan de Éuscaro aprobado recentemente.

    Fonte: Redacción Médica

    31 de agosto de 2016

    Estes cursos de éuscaro están dirixidos a persoas desempregadas maiores de 18 anos e teñen como obxectivo permitirlle á xente con menos recursos aprender o idioma.

    Fonte: Diario Vasco

    30 de agosto de 2016

    Celebráronse as II Xornadas sobre a Lingua e Cultura Ibérica para debater sobre as características da lingua dos iberos, a cal podería ter similitude co éuscaro.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    30 de agosto de 2016

    A nova Lei das accesibilidades de Angola regula o uso da lingua de signos angolana e establece que os órganos públicos e privados deben a partir de agora ofrecer servizos de interpretación en actos públicos.

    Fonte: Jornal de Angola

    30 de agosto de 2016

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulles aos principais partidos políticos as súas propostas en materia de normalización e política lingüística.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder