A Axencia Rexional para a Lingua Friulana publicou tres partidas orzamentarias para a promoción do friulano en tres eidos: edición, investigación e espectáculos.
Fonte: Udine20
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Axencia Rexional para a Lingua Friulana publicou tres partidas orzamentarias para a promoción do friulano en tres eidos: edición, investigación e espectáculos.
Fonte: Udine20
Este congreso terá como tema principal “O ensino de linguas minorizadas na sociedade da información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade”.
Fonte: Concello de Cambados
Un novo regulamento do pleno do Concello de Vigo establece a posibilidade de empregar tanto galego como castelán nos debates do pleno.
Fonte: La Voz de Galicia
O curso xeral de lingua portuguesa do Instituto Portugués do Oriente (IPOR, polas súas siglas en portugués) incrementou en 2016 o seu número de alumnos.
Fonte: Ponto final
O novo goberno indíxena deline, na rexión de Sahtu, no noroeste do Canadá, quere aprobar leis que garantan a protección e promoción da lingua sahtu, falada polo 70 % da comunidade.
Fonte: Nationalia
O curso escolar 2016-2017 a Comunidade de Castela e León contará cun total de 598 seccións bilingües distribuídas entre 489 colexios e institutos.
Fonte: Ileón
O libro Salve, xuventude ardorosa é unha obra conmemorativa do cincuentenario da promoción do 66 do Seminario compostelán e supón a glosa xeracional dos primeiros alumnos que accederon á educación superior desde o medio rural galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A 24 edición da Bienal Internacional do Libro de São Paulo dedicará un espazo expositivo de 120 metros cadrados ao Museo da Lingua Portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Asociación de Profesores de California quere levar adiante a iniciativa gobernamental que pretende implantar a educación bilingüe nas escolas do estado.
Fonte: The Sacramento Bee
O sitio web Oxford Dictionaries, da Universidade de Oxford, creou a iniciativa #OneWordMap que pretende reunir opinións sobre palabras da lingua inglesa e realizar un estudo posterior por país.
Fonte: The Bookseller
Subscríbase ao boletín