Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xuño de 2015

    A festa Euskal Jaia celebrada no concello de Dulantzi congregou a país e nenos que se reuniron na localidade para reivindicar o éuscaro e a súa cultura, baixo o lema “sinte, pensa e actúa”.

    Fonte: Noticias de Álava

    11 de xuño de 2015

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte de Asturias puxo en marcha unha campaña para que os escolares se matriculen na materia de lingua asturiana, co obxectivo de fomentar o seu uso e darlle maior visibilidade.

    Fonte: Asturnews

    11 de xuño de 2015

    A Comunidade Valenciana celebrará o Día das Linguas de Signos con diferentes actividades programadas en varias localidades. O obxectivo é concienciar a poboación sobre estas linguas.

    Fonte: El Periodic

    11 de xuño de 2015

    O próximo curso académico 2015-2016 a Universidade de Huelva contará cun total de 300 créditos académicos que se impartirán en lingua estranxeira. Este incremento no número de materias impartidas en lingua estranxeira prevese que continúe ata acadar o 25 % do total.

    Fonte: Huelva Ya

    10 de xuño de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron un encontro cunha ampla representación dos empresarios/as que aglutina o Foro Enrique Peinador. A orde do día desta xuntanza incluíu posibles actuacións para desenvolver a prol da visibilidade e da valoración do uso da lingua propia de Galicia nas relacións empresariais e comerciais, no marco dos traballos de elaboración do que será o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

    10 de xuño de 2015

    A maior escola chinesa de linguas estranxeiras, a Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing, aspira a ofrecer ata 2020 cursos en 95 linguas diferentes.

    Fonte: Diário Digital

    10 de xuño de 2015

    Os gobernos da rexión francesa de Ródano-Alpes e da italiana Val de Aosta asinaron un documento que garante políticas transfronteirizas a prol do fomento e desenvolvemento da lingua francoprovenzal, unha das máis ameazadas de Europa.

    Fonte: Nationalia

    10 de xuño de 2015

    O alumnado e mais o persoal docente e investigador (PDI) da Universidade de Santiago de Compostela son os destinatarios das actividades formativas postas en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística desta institución.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de xuño de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (centro Cenima) a mostra coa que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra lle renden tributo ao autor homenaxeado polas Letras Galegas 2015, “Xosé Filgueira Valverde, un faro na construción de Galicia”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xuño de 2015

    As materias en linguas estranxeiras poderán abranguer, igual que acontece no ensino obrigatorio, ata un terzo do horario lectivo do centro.

    Fonte: Galicia Hoxe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder