Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de setembro de 2015

    Na modalidade de Lingua dos Premios da Cultura Galega 2015 o galardón é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha entidade creada en 2009 coa intención de coordinar actividades e experiencias e de servir de canle para as iniciativas, inquietudes e propostas relacionadas coa nosa lingua.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de setembro de 2015

    Estas dúas cidades acollerán no mes de outubro actividades dirixidas a promover a transmisión lingüística en galego na familia, actividades que se enmarcan no proxecto Apego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de setembro de 2015

    Estes dous concellos enviáballe as súas actas á Delegación do Goberno soamente en éuscaro, polo que esta institución decidiu denuncialos ante os tribunais. Porén, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Donostia-San Sebastián deulles a razón e poderán continuar con esta práctica.

    Fonte: EiTB

    24 de setembro de 2015

    As subvencións á produción editorial en asturiano aumentaron en 8500 euros, mentres que descenderon as destinadas a medios e a discográficas.

    Fonte: Asturies.com

    24 de setembro de 2015

    A tradución ao galego de Moodle, unha aplicación educativa e virtual de distribución libre dirixida ao profesorado, superou xa a taxa do 85 %, o que sitúa esta lingua na listaxe das trinta que pasaron a porcentaxe do 80 %.

    Fonte: Código Cero

    23 de setembro de 2015

    Co fin de conmemorar o Día Europeo das Linguas, o Centro de Linguas Modernas da Universidade do Miño (Portugal) acollerá alumnado de secundaria para que participen en actividades de aprendizaxe dunha variedade de idiomas estranxeiros.

    Fonte: Gazeta do Rossio

    23 de setembro de 2015

    O Consello de Europa recoñeceu nun informe os esforzos realizados por Noruega para aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Council of Europe

    23 de setembro de 2015

    Sortzen, a federación de pais de centros públicos en éuscaro, reclama o desenvolvemento do modelo D en toda Navarra e anuncia que porá en marcha accións para mellorar a opinión sobre este modelo.

    Fonte: Diario de Navarra

    23 de setembro de 2015

    Nunha reunión celebrada en San Sebastián, no marco do seu festival de cine, representantes de quince rexións e países europeos reuníronse para poñer en marcha medidas conxuntas que fomenten a creación cinematográfica nestes idiomas.

    Fonte: Diario Vasco

    23 de setembro de 2015

    O Dicionario de Sinónimos do Galego, elaborado polos docentes Xosé Mª Gómez Clemente, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões, superou as 100 000 consultas en liña e o millar de descargas en Google Play.

    Fonte: Universidade de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder