Entre as novas medidas destacan o fomento do uso do valenciano na Administración ou a promoción desta lingua na empresa coa concesión de selos de calidade lingüística no sector privado.
Fonte: Valencia Plaza
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Entre as novas medidas destacan o fomento do uso do valenciano na Administración ou a promoción desta lingua na empresa coa concesión de selos de calidade lingüística no sector privado.
Fonte: Valencia Plaza
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana solicita que se renove o actual Consello de Administración desta empresa pública por non cumprir a lexislación lingüística vixente.
Fonte: El Digital de Asturias
O Consello Rexional de Auvernia (Francia) votou a favor de adherirse á Oficina Pública da Lingua Occitana (OPLO, polas súas siglas en occitano).
Fonte: Jornalet
Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Oficina Europea de Estatística publicou un informe que revela que, en 2013, o 80 % do alumnado dos estados da UE estudaban unha lingua estranxeira nos primeiros anos do ensino primario.
Fonte: OJE
A versión española da Wikipedia non recolle os topónimos oficiais galegos e ofrece a súa versión en castelán. Moitos deles xa foron corrixidos grazas aos comentarios xurdidos nas redes sociais ao respecto.
Fonte: La Voz de Galicia
Segundo un estudo realizado por Adecco e Infoempleo sobre a importancia das linguas nas ofertas de traballo, unha de cada tres esixe un idioma estranxeiro e o inglés está presente en nove de cada dez.
Fonte: ABC
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo con membros da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) centrado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria considera que a sentenza do Tribunal Constitucional –que vén de desestimar o recurso interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o Decreto do plurilingüismo– reforza e ratifica a legalidade do devandito texto normativo.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concluíu a selección de cinco novas lectoras de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporarán neste curso académico 2015-2016 ás universidades do País Vasco, de Oxford, de Birmingham, da Sorbona-Nova París III e Federal de Bahía.
Fonte: Xunta de Galicia
A cita será os días 15 e 16 de outubro de 2015 na sede do Consello da Cultura Galega. Nesta edición atenderanse especialmente os distintos traballos de investigación sobre a xuventude e os seus comportamentos lingüísticos, a política lingüística no ámbito local e a transmisión lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Gaega
Subscríbase ao boletín