Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de setembro de 2015

    Un informe da Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU, polas súas siglas en inglés) revelou que só un 5 % das linguas máis minoritarias ou menos influentes do mundo está presente en internet.

    Fonte: Rue89

    30 de setembro de 2015

    Estes cerca de 250 novos termos pertencen, entre outros, aos ámbitos da agricultura, a alimentación, a botánica, o circo, a economía, o deporte, a industria, a música ou os transportes.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de setembro de 2015

    Baixo o nome de Euskaragileak, un grupo de compañías organizouse para fortalecer a rede de empresas que desexan traballar e vender en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    30 de setembro de 2015

    "Loreak", rodada en éuscaro integramente, representará a España na carreira para conseguir o Óscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.

    Fonte: Deia

    30 de setembro de 2015

    A versión en galego de O papiro do César publicarase nunha coedición entre Salvat-Bruño e Edicións Xerais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de setembro de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o ditame do xurado da IX edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, que recaeu no escritor Marcos S. Calveiro pola obra Fontán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de setembro de 2015

    Estonia lanza a súa primeira canle de televisión en ruso coa intención de aproximar a poboación estoniana á minoría de orixe rusa.

    Fonte: The Washington Post

    29 de setembro de 2015

    Na 70 sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o presidente da República portuguesa, Cavaco Silva, defendeu a importancia global da lingua portuguesa e mostrou a súa esperanza de que o portugués se converta en lingua oficial deste organismo internacional.

    Fonte: Mundo Lusíada

    29 de setembro de 2015

    A nova funcionalidade de Google Drive, dispoñible en catalán, permite a trascrición de voz a texto de xeito doado e cómodo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de setembro de 2015

    Tanxente comezou a súa actividade este mes de setembro que busca situarse coma un punto de información sobre as últimas tendencias, exposicións, películas, deportes ou viaxes.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder