Claudio Otero Eiriz presentou o seu libro A Chantada fabril. Os curtidoiros do Asma na Idade Contemporánea, obra coa que gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Claudio Otero Eiriz presentou o seu libro A Chantada fabril. Os curtidoiros do Asma na Idade Contemporánea, obra coa que gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Case o 6 % dos alumnos de Educación Primaria en España estudan dous ou máis linguas estranxeiras, cifra que sitúa este país por riba do 4,6 % da media da Unión Europea.
Fonte: Granada Digital
EH Bildu solicitou a creación dun plan de éuscaro destinado ao Parlamento de Navarra para desenvolver en varios anos.
Fonte: Diario de Navarra
Algúns estudos mostran un declive na aprendizaxe de linguas faladas en Asia nas escolas australianas, especialmente entre a poboación de orixe asiática.
Fonte: The Conversation
Un informe recomenda crear dous novos centros da lingua galesa para deter o declive no uso do galés no condado de Gwynedd.
Fonte: Daily Post
O Instituto Confucio da Universidade do Miño volverá ofrecer este ano cursos anuais de lingua chinesa no campus de Braga.
Fonte: Gazeta do Rossio
O partido portugués Bloco de Esquerda defendeu no seu programa electoral para as lexislativas a promoción da lingua de signos portuguesa.
Fonte: Correio da Manhã
O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi, inauguraron as exposicións ‘Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia’ e ‘A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda’.
Fonte: Xunta de Galicia
As iniciativas, que se desenvolverán no mes de outubro son: Avelaíños e Rebuldeiros (encontros dirixidos a familias con nenos/as de entre 0 e 6 anos), o Club de lectura en galego Barcala e o Curso de galego oral.
Fonte: Concello de Negreira
Entre as novas medidas destacan o fomento do uso do valenciano na Administración ou a promoción desta lingua na empresa coa concesión de selos de calidade lingüística no sector privado.
Fonte: Valencia Plaza
Subscríbase ao boletín