Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de outubro de 2015

    A inscrición nos cursos de lingua catalá que organiza o Instituto de Estudos Baleares incrementouse nun 23 % con respecto ao ano anterior.

    Fonte: 20minutos

    02 de outubro de 2015

    Un acordo asinado pola unidade de avaliación de lingua inglesa da Universidade de Cambridge e a Universidade de Évora permitirá que esta segunda institución se converta en centro avaliador dos exames oficiais de Cambridge.

    Fonte: Local

    02 de outubro de 2015

    O Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa entrou en vigor oficialmente en Cabo Verde e a súa aplicación será paulatina e irreversible.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    02 de outubro de 2015

    Oteiza acolleu unha concentración para solicitar que o municipio se inclúa na zona mixta segundo a Lei do éuscaro e que no colexio público se imparta o modelo D de ensino nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de outubro de 2015

    A editorial Kalandraka e o tradutor Isaac Xubín foron os galardoados con este premio pola tradución da colección de poemas Tempo de exilio de Joseba Sarrionandia. O acto de entrega celebrouse en Donostia coincidindo co Día Internacional da Tradución.

    Fonte: El Día

    02 de outubro de 2015

    O Goberno municipal de Donostia e o sindicato maioritario da empresa de transportes Donostibus chegaron a un acordo sobre o coñecemento de éuscaro que deben ter os condutores da compañía.

    Fonte: Diario Vasco

    01 de outubro de 2015

    Resolveuse a convocatoria de axudas para o libro galego, tanto no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de outubro de 2015

    O Concello de Betanzos envioulle ao empresario unha orde de derrubamento redactada en lingua galega. El rexeitouna e solicitou que lla remitisen en castelán alegando descoñecer certa terminoloxía.

    Fonte: La Voz de Galicia

    01 de outubro de 2015

    As 66 produtoras que existen no País Vasco só rodan unha media de dúas películas en éuscaro ao ano dun total de dez que se adoitan producir.

    Fonte: El Correo

    30 de setembro de 2015

    Diferentes análises, como a elaborada polo xornal estadounidense The Washington Post ou a do British Council, revelaron cales serán as linguas máis dominantes do futuro, tendo en conta a evolución dos mercados e o peso demográfico dos seus falantes.

    Fonte: Jornal de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder