Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xuño de 2015

    As actas destas xornadas, que se celebraron en novembro de 2014, están dispoñibles na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de xuño de 2015

    Un lingüista mozambicano da Universidade Eduardo Mondlane defende a importancia de Mozambique na expansión da lingua portuguesa. Actualmente, o 50 % da poboación do país africano fala portugués.

    Fonte: Sapo

    09 de xuño de 2015

    O ministro principal de Gales anunciou que se crearán seis novos centros para fomentar o uso e a aprendizaxe do galés. Ademais de en Cardiff, os novos centros estarán en Anglesey, Bangor, Cardigan, Pontardawe e Tregaron.

    Fonte: BBC

    09 de xuño de 2015

    Case o 80 % das familias baleares escolleu o catalán como primeira lingua de escolarización para os seus fillos, continuando a tendencia dos últimos anos.

    Fonte: Última hora

    09 de xuño de 2015

    A ikastola San Bizente de Oion celebrará a súa festa do éuscaro en Vitoria para reivindicar o ensino desta lingua na Rioxa Arabesa.

    Fonte: El Correo

    09 de xuño de 2015

    Os estudantes vascos que realizarán as probas da selectividade en éuscaro no País Vasco supoñen dous terzos con respecto aos que as farán en español, unha diferenza que é aínda maior na provincia de Guipúscoa.

    Fonte: Diario Vasco

    08 de xuño de 2015

    O consello municipal de Quimper (Francia) aproba unha declaración para adoptar unha política cultural e lingüística a favor do bretón.

    Fonte: Ouest France

    08 de xuño de 2015

    O Uruguai manifesta o seu interese por integrar, en calidade de observador, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

    Fonte: Vermelho

    08 de xuño de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento e Premios REC-curta, que convocan a Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca) e mais a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xuño de 2015

    A localidade navarra de Falces celebrou unha nova edición da festa Euskararen Eguna que reivindica a normalización do éuscaro nas localidades pertencentes á zona non vascófona de Navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder