Co fin de empregar un idioma máis inclusivo, o dicionario da Academia da Lingua Sueca incluirá o pronome neutro "hen" para referirse a persoas transxénero, grupos de diferentes sexos ou en situacións nas que o xénero non é relevante.
Fonte: BuzzFeed
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co fin de empregar un idioma máis inclusivo, o dicionario da Academia da Lingua Sueca incluirá o pronome neutro "hen" para referirse a persoas transxénero, grupos de diferentes sexos ou en situacións nas que o xénero non é relevante.
Fonte: BuzzFeed
Un novo informe sobre coñecemento da lingua aragonesa indica que a porcentaxe actual de persoas que coñecen e estudan esta lingua sitúase no 4 %, o que equivale a 54 481 aragoneses. Este dato amosa un aumento do 84,8 % con respecto ao censo de 1981.
Fonte: El Periódico de Aragón
A través dunha campaña vinculada a San Sebastián, Capital da Cultura Europea 2016, oito tradutores literarios estranxeiros recibirán formación en éuscaro para poder traducir obras escritas nesta lingua ás súas.
Fonte: EITB
O proxecto da nova Lei de procesamento criminal inclúe a dispoñibilidade da lingua de signos durante os procesos xudiciais para facilitar o acceso á información das persoas xordas.
Fonte: Somos Pacientes
Un total de 60 000 persoas acudiron ás festas educativas polo valenciano organizadas por Escola Valenciana en diferentes localidades da Comunidade. Esta edición contou ademais co aliciente de celebrar o trinta aniversario destas festas que reivindican a educación en valenciano.
Fonte: 20 minutos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fíxolles entrega da proposta inicial de Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 aos presidentes da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis coa Fundación Eduardo Pondal na celebración das Festiletras.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, recibiu o alumnado de 1º da ESO que estuda galego no Collegi El Casal de Castellar del Vallès e as dúas docentes que o acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade autónoma.
Fonte: Xunta de Galicia
YouTube, o espazo web destinado á divulgación de vídeos, está agora dispoñible en 15 novas linguas, o que fai un total de 76.
Fonte: Lets-plays
O diario The Guardian e a Academia Británica elaboraron un informe que investiga o porqué do baixo nivel de coñecemento en linguas estranxeiras dos cidadáns británicos.
Fonte: The Guardian
.
Subscríbase ao boletín