A Universidade Ana G. Méndez inaugurou na cidade texana de Dallas unha escola universitaria bilingüe inglés-español.
Fonte: ViveUsa
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade Ana G. Méndez inaugurou na cidade texana de Dallas unha escola universitaria bilingüe inglés-español.
Fonte: ViveUsa
O Ministerio de Cultura de Colombia publicou un mapa interactivo que ofrece información e rexistros sonoros de 65 comunidades lingüísticas do país.
Fonte: El Tiempo
Este vocabulario recolle 292 termos relacionados coa ecoloxía, o medio e o desenvolvemento sustentable, coas súas equivalencias en oito linguas (castelán, catalán, galego, francés, italiano, portugués, romanés e inglés).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O concerto "Lucecús", de Pirilampo, está dirixido a familias con nenas e nenos maiores de 3 anos e busca fomentar a transmisión lingüística e promover o uso do galego no lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A asociación Iniciativa polo Asturiano denunciou o recorte de ata un 75 % nas horas lectivas de asturiano en Bacharelato no novo plan de estudos enviado aos institutos desde a Consellería de Educación.
Fonte: Infoasturies
O Goberno vasco, Euskaltzaindia e diversas asociacións que traballan en favor da literatura en éuscaro participaron na reescritura en éuscaro dun capítulo de O Quixote, que formará parte dunha nova versión multilingüe.
Fonte: La Cerca
Os diferentes organismos implicados na totalidade do proceso xudicial traballan na creación da primeira comunidade xurídica euscalduna, que facilitará o uso do éuscaro en todas as fases.
Fonte: Cadena Ser
A agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg alertou que o Xardín Botánico Nacional do País de Gales emprega sinais escritos exclusivamente en inglés.
Fonte: Carmarthen Journal
Un informe elaborado nos Estados Unidos sinala que a Biblia non está traducida ao 57 % das linguas do mundo.
Fonte: Ecumenical News
O salmón oval, que terá unha periodicidade mensual, é unha revista sobre rugby que se edita en Pontevedra e na que se utiliza o galego co obxectivo de normalizar o seu uso neste deporte.
Fonte: Pontevedra Viva
Subscríbase ao boletín