Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de abril de 2015

    O partido político Chunta Aragonesista vai presentarlle unha queixa a Televisión Española polo trato que lle deu á lingua aragonesa no seu programa Comando Actualidad.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    10 de abril de 2015

    Os cursos, que se desenvolverán entre o 1 e o 24 de xullo, están organizados pola Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de abril de 2015

    Este premio está convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de abril de 2015

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) subvenciona obras audiovisuais, en versión orixinal en galego, con vocación artística e cultural.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de abril de 2015

    O Goberno vasco destinará un total de 155 000 euros en axudas aos municipios para que poidan substituír os funcionarios ausentes do seu posto de traballo para estudar éuscaro.

    Fonte: ABC

    09 de abril de 2015

    O Instituto Cervantes, a Universidade de Salamanca e a Universidade de México asinaron un acordo polo que se crea o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española, encargado de determinar o nivel de español das persoas que estuden esta lingua en calquera parte do mundo.

    Fonte: Tribuna Salamanca

    08 de abril de 2015

    O estado de Texas (EUA) aprobou unha proposta de lei para fomentar a educación bilingüe nas escolas de todo o estado.

    Fonte: El Diario

    08 de abril de 2015

    A oferta formativa inclúe os seguintes cursos:“Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego”, “A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala” e “Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de abril de 2015

    O ministro de Educación de Ecuador anunciou que se rexistrou un incremento no número de alumnos que participan no programa de educación intercultural bilingüe.

    Fonte: La Hora

    08 de abril de 2015

    O mapa desta rede social, que permite anunciar onde estás en cada momento, contén varios erros graves na toponimia desta comarca.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder