Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de abril de 2015

    A Generalitat de Cataluña publicou en liña un informe que recolle todas as ofensas do Goberno español cara á lingua catalá que violan a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    01 de abril de 2015

    O Goberno vasco destinará un total de 400 000 euros a asociación francesas que promoven o éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    31 de marzo de 2015

    A cidade israelí de Nazareth Illit recibiu críticas pola falta de libros en lingua árabe nas bibliotecas municipais.

    Fonte: Haaretz

    31 de marzo de 2015

    Defensores da lingua galesa e pequenos comerciantes criticaron a rede social Twitter por non incluír o galés entre as linguas en que publica as súas mensaxes publicitarias.

    Fonte: BBC

    31 de marzo de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou O bombeiro galego. Temario e cuestionarios 1 e 2, o primeiro manual preparatorio das probas teóricas ás oposicións a bombeiro avalado pola Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de marzo de 2015

    O Premio á Normalización Lingüística pretende favorecer o uso do catalán no ámbito socioeconómico na zona.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    31 de marzo de 2015

    A rede social Elaide, apoiada por diversas entidades navarras, serve como punto de encontro para os falantes de éuscaro ademais de como ferramenta de apoio para as persoas que están aprendendo esta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    31 de marzo de 2015

    Os sindicatos educativos de Asturias expresaron o seu rexeitamento ao novo currículo de ESO e Bacharelato porque consideran que despreza a lingua asturiana, para a que tamén piden a oficialidade.

    Fonte: Infoasturies

    30 de marzo de 2015

    O municipio de Cardiff, capital do País de Gales, estuda a apertura dun novo centro para a lingua galesa nas instalacións da antiga biblioteca da cidade.

    Fonte: Wales Online

    30 de marzo de 2015

    Por primeira vez, un escritor de lingua portuguesa entra na final do prestixioso premio literario Brooker. Trátase do autor mozambicano Mia Couto.

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder