Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Centro PEN de Galicia convocan a décimo terceira edición do Premio de Poesía Afundación, que ten como obxectivo favorecer e difundir a creatividade literaria en lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de abril de 2015

    O papiro de César, título do novo álbum, sairá o 22 de outubro publicado pola editorial Xerais.

    Fonte: Praza Pública

    06 de abril de 2015

    O Concello vasco de Errentería publicou a súa convocatoria de subvencións para a promoción do éuscaro, que incluirán axudas para a aprendizaxe da lingua e para a universidade vasca de verán, a rotulación ou a creación de medios dixitais nesta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de abril de 2015

    Nun acordo asinado entre a Consellería de Educación da Junta de Castela e León e o reitorado de universidades de Grenoble, ambas as entidades accederon á promoción recíproca das súas linguas e culturas a través de intercambios educativos.

    Fonte: Salamanca al día RTV

    05 de abril de 2015

    O desenvolvemento da economía brasileira é un dos motivos de que o portugués se convertese na terceira lingua estranxeira con maior crecemento no ensino superior dos Estados Unidos de América.

    Fonte: Dnotícias

    05 de abril de 2015

    Máis de cinco mil usuarios rexistráronse na Escola Virtual da Lingua de Signos Portuguesa no seu primeiro mes de actividade.

    Fonte: TSF

    02 de abril de 2015

    O curso pasado a educación bilingüe francés-bretón incrementouse un 3,4 % no ensino público francés. Actualmente, hai 6887 alumnos que escollen esta opción educativa.

    Fonte: Le Telegramme

    02 de abril de 2015

    Aínda que existen escolas no Brasil que adoptan un ensino bilingüe, a lexislación actual brasileira non recolle con detalle esta opción educativa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    01 de abril de 2015

    Trátase da Lei de recoñecemento, protección e promoción dos sinais de identidade do pobo valenciano, que, entre outros aspectos, establece a defensa da individualidade do valenciano respecto a outras linguas do Estado.

    Fonte: Ara

    01 de abril de 2015

    O concello navarro de Falces, pertencente á zona non vascófona, vai celebrar unha festa a favor do éuscaro para reivindicar o dereito dos seus cidadáns a vivir nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder