O Partido Laborista británico declarou que, se non se toman medidas urxentes, linguas como o portugués ou o turco poderían desaparecer dos programas escolares.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Partido Laborista británico declarou que, se non se toman medidas urxentes, linguas como o portugués ou o turco poderían desaparecer dos programas escolares.
Fonte: BBC
Termos esenciais de dereito mercantil é un manual práctico que conta con 1218 conceptos en galego e castelán.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere expresar a súa satisfacción ao coñecer a sentenza do Tribunal Supremo pola que queda ratificada definitivamente a legalidade do Decreto do plurilingüismo.
Fonte: Xunta de Galicia
Nove entidades de Lezo asinaron un acordo co Concello para fomentar o emprego do éuscaro nas súas actividades.
Fonte: Diario Vasco
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na sede da Real Academia Galega o trixésimo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, baixo o título Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990).
Fonte: Xunta de Galicia
Un estudo realizado por unha consultoría galesa mostra que os falantes de galés queren que os bancos e as empresas do sector da enerxía melloren os seus servizos en lingua galesa.
Fonte: Wales Online
A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai quere elaborar un informe sobre a situación da lingua indíxena manjui, falada por 180 persoas.
Fonte: Terra
O grupo municipal do BNG denuncia que moitos dos contidos e servizos da nova web só están dispoñibles en castelán.
Fonte: La Opinión
A vila navarra de Urepele encheuse no inicio da carreira en favor do éuscaro, Korrika 2015, que percorrerá un total de 2161 quilómetros antes de chegar a Bilbao.
Fonte: Naiz
Iniciativa polo Asturiano convocou o primeiro concurso de micropoemas escritos en asturiano en Twitter co obxectivo de promover esta lingua e celebrar o Día Internacional da Poesía.
Fonte: El Día
Subscríbase ao boletín