Publícase en inglés unha antoloxía de 780 páxinas sobre literatura occitana que contén textos do século X e ata o presente século XXI.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Publícase en inglés unha antoloxía de 780 páxinas sobre literatura occitana que contén textos do século X e ata o presente século XXI.
Fonte: Jornalet
O Ministerio de Educación e Ciencia de Portugal asinará un protocolo co Instituto Confucio para ofrecer chinés mandarín en escolas secundarias a partir do próximo ano académico.
Fonte: Renascença
O grupo "Sardegna Vera" presentou unha proposta de lei que garante a plena normalización do sardo en toda a rexión de Sardeña.
Fonte: Castedduonline
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a situación do galego no Exame Periódico Universal do Consello de Dereitos Humanos en Xenebra.
Fonte: Culturagalega
O concello de Miño recibe "Estamos no verán!!!", a proposta musical de Xoán Curiel e a banda Son+d2 que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria está levando a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para reforzar e ampliar a oferta de lecer en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Despois dunha marcada caída en 2013, as cifras de estudantes de linguas estabilizouse no Canadá e pasou a aumentar un 6 %.
Fonte: The pie news
O Instituto Politécnico de Leiría (Portugal) reforza a súa formación lingüística coa introdución de clases de chinés mandarín en escolas de ensino básico.
Fonte: Leiria Económica
O pleno da Real Academia Galega reunirase o día 4 de xullo e decidirá entre estes candidatos a figura que protagonizará as Letras Galegas o vindeiro ano: Xela Arias Castaño, Ricardo Carballo Calero e Manuel María Fernández Teixeiro.
O Estado de São Paulo ofertará un curso gratuíto de portugués para persoas inmigradas e refuxiados no Centro de Integración da Cidadanía Oeste da cidade de São Paulo.
Unha nova aplicación permitiralles aos falantes de inuktitut, lingua inuit falada no Canadá, redactar mensaxes de texto na súa lingua materna en dispositivos móbiles de Mac.
Fonte: Yahoo News
Subscríbase ao boletín