Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de xuño de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, eloxiou o labor a prol da lingua galega do catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e insigne investigador Ángel Carracedo; da xefa territorial da Avogacía do Estado en Galicia, Consuelo Castro; e do historiador, escritor e director da área de historia da Fundación 10 de Marzo, Ricardo Gurriarán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de xuño de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de cinco prazas docentes en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en España (Universidade do País Vasco), Reino Unido (universidades de Oxford e de Birmingham), Francia (Universidade da Sorbona Nova-París III) e Brasil (Universidade Federal de Bahía).

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2015

    Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, visitaron a mostra ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), un faro na construción de Galicia’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2015

    A actividade “Contos nas Prazas”, que tivo lugar en Reus, consiste en sesións de contacontos para nenos, co obxectivo de incentivalos a ler en catalán ademais de dar a coñecer os servizos ofrecidos polas bibliotecas. Esta iniciativa foi unha das gañadoras do Premio de Ideas para Promover o Uso do Catalán.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    25 de xuño de 2015

    O libro L'Oracional valencià, elaborado pola Academia Valenciana da Lingua e a Asociación Ecuménica dos Cristiáns polo Valenciano, busca o uso da lingua valenciana nas igrexas da comunidade.

    Fonte: ABC

    25 de xuño de 2015

    A Dirección Xeral da Policía asinou un acordo coa Confederación Estatal de Persoas Xordas para mellorar a comunicación entre os axentes e as persoas con discapacidade auditiva. Entre as medidas incluídas atópanse cursos de formación en lingua de signos.

    Fonte: La Vanguardia

    25 de xuño de 2015

    O Instituto de Estudos Cataláns publicou o sétimo volume do Atlas lingüístico do dominio catalán, que inclúe uns douscentos termos, mapas e fotografías e que amosa as diferenzas no vocabulario empregado no territorio.

    Fonte: Lo Campus Diari

    25 de xuño de 2015

    Tras un acordo asinado en 2014 entre Euskaltzaindia e a ONCE, estas dúas organizacións van presentar edicións especiais para persoas cegas (en alfabeto Braille e sistema de audio Daisy) do primeiro libro escrito en éuscaro e dous números da revista Erlea.

    Fonte: Europa Press

    24 de xuño de 2015

    Un concerto en Lisboa, no que participarán representantes dos países lusófonos, pechará as celebracións polos oito séculos de lingua portuguesa.

    Fonte: Portugal Digital

    24 de xuño de 2015

    Un mapa interactivo mostra as linguas que máis se falan, diferentes do inglés e o francés, en cada unha das divisións administrativas do Canadá.

    Fonte: The 10 and 3

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder