Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2015

    O Ministerio de Educación e Ciencia portugués esixiralles aos docentes de inglés que se sometan a unha proba de nivel para poder corrixir os exames do terceiro ciclo do ensino básico.

    Fonte: Público

    11 de marzo de 2015

    A europarlamentaria irlandesa Liadh Ní Riada falará durante dúas semanas só en irlandés para denunciar a situación de discriminación que vive a súa lingua nas institucións europeas.

    Fonte: Sermos Galiza

    11 de marzo de 2015

    O certame está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello desta localidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de marzo de 2015

    Este premio ten como obxectivos fomentar a reflexión sobre a situación do galego na actualidade e crear espazos nos xornais para promover o seu emprego e o seu prestixio. A persoa gañadora recibirá un premio de 1000 euros, ademais da publicación do artigo. O prazo de presentación dos textos finaliza o 15 de abril de 2015.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de marzo de 2015

    As comisións de normalización lingüística premian a calidade lingüística de traballos de fin de grao, carreira ou mestrado ou un traballo de investigación para unha materia.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    11 de marzo de 2015

    Alternativa Galega de Esquerda en Europa denunciou as consecuencias da coñecida como "taxa Google" (Canon AEDE), xa que a consideran un ataque ao dereito á información e tamén un grave prexuízo para as linguas minorizadas.

    Fonte: Código Cero

    11 de marzo de 2015

    O programa Lonxe da Terra era o terceiro máis antigo en lingua galega e servía como punto de contacto entre os galegos de Cataluña e Andorra.

    Fonte: La Región Internacional

    11 de marzo de 2015

    O xogo tipo trivial consiste en preguntas sobre mulleres que deixaron a súa pegada na historia e todas as preguntas están redactadas en éuscaro.

    Fonte: El País

    11 de marzo de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do 98º cabodano da morte de Eduardo Pondal, organizado pola Fundación Eduardo Pondal na Coruña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de marzo de 2015

    Un estudo realizado na Universidade de Helsinqui revela que os usuarios de videoxogos ou xogos de computador acadan mellores resultados en lingua inglesa.

    Fonte: YLE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder