Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de marzo de 2015

    O certame, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística, vai dirixido ao alumnado dos institutos e centros de ensino secundario de Pontevedra.

    Fonte: Pontevedra Viva

    04 de marzo de 2015

    A Dirección Xeral do Ensino de Francia publicou un novo portal con recursos para o ensino de linguas modernas en escolas e universidades.

    Fonte: Vousnousils

    04 de marzo de 2015

    Un novo informe revela un incremento do número de estudantes de lingua galesa na rexión arxentina da Patagonia, lugar onde se estableceu unha importante comunidade galesa na segunda metade do século XIX.

    Fonte: Wales/Cymru

    04 de marzo de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, mantiveron unha primeira xuntanza de traballo para abordar o desenvolvemento dos diferentes proxectos que ambas as dúas entidades teñen en marcha, así como para abrir novas vías de colaboración.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de marzo de 2015

    O obxectivo deste certame, organizado pola Asociación Cultural Novo Cruceiro de Vila de Cruces, é visibilizar os grupos de rock que fan música en galego. A banda gañadora recibirá 300 euros e actuará no festival Novo Cruceiro Rock o 7 de agosto de 2015.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de marzo de 2015

    A Confederación de Empresarios de Galicia solicítalle á Xunta que se elimine a utilización do galego para o acceso ás axudas destinadas aos cursos de formación para persoas desempregadas.

    Fonte: La Opinión

    04 de marzo de 2015

    A Lei Municipal de Euskadi permitiralles aos concellos emitir documentos redactados unicamente en éuscaro.

    Fonte: El País

    04 de marzo de 2015

    O Parlamento canario asinou un acordo coa Academia Canaria da Lingua para impulsar esta variedade dialectal e recibir asesoramento sobre o seu uso.

    Fonte: 20 minutos

    03 de marzo de 2015

    Un grupo de especialistas timorenses criticou os decretos aprobados polo Goberno de Timor Leste que dan prioridade ao ensino das linguas maternas nas primeiras etapas educativas e que adían o estudo do portugués ao terceiro ciclo.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    03 de marzo de 2015

    A cultura mirandesa perde un dos seus maiores defensores, o escritor e xurista Amadeu Ferreira, que faleceu na súa casa de Lisboa aos 64 anos. Amadeu Ferreira era ademais o presidente da Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder