O presidente de Francia, François Hollande, declarou que se posiciona a favor de ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de Francia, François Hollande, declarou que se posiciona a favor de ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Jornalet
Os galardoados son a tradutora xaponesa Mona Imai, pola tradución ao galego da obra Botchan, do escritor nipón Natsume Soseki; e o galego Alejandro Tobar, pola tradución de O forasteiro misterioso, última novela do escritor estadounidense Mark Twain.
Fonte: El Correo Gallego
Este roteiro literario e toponímico pola ría de Vigo e mais pola illa de Ons realizarase o sábado 20 de xuño de 2015 seguindo o argumento da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo.
Fonte: Concello de Vigo
A partir do próximo ano lectivo, o ensino primario de Portugal poderá ofertar a materia optativa "Introdución á cultura e ás linguas clásicas" ou variantes.
Fonte: Público
O conselleiro rexional de Aquitania, Dàvid Grosclaude, decidiu pór fin á súa folga de fame iniciada hai uns dais despois de recibir unha carta que anuncia a creación da Oficina Pública da Lingua Occitana.
Fonte: Jornalet
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou no Parlamento galego as accións de fomento dos lazos culturais e lingüísticos de Galicia co mundo lusófono desenvolvidas nos últimos meses ao abeiro da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e o afondamento nos vínculos coa lusofonía.
Fonte: Xunta de Galicia
A cuarta edición do concurso Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora no marco do programa de dinamización lingüística do mesmo nome, xa ten gañadores. Fixéronse con eles os CEIP Bergantiños de Carballo, Torre-Illa da Illa de Arousa e Carlos Casares de Nigrán.
Fonte: Xunta de Galicia
Os correos electrónicos enviados por deputados e deputadas, grupos parlamentarios e persoal ao servizo da Administración parlamentaria son remitidos por defecto desde o dominio parlamentodegalicia.gal.
Fonte: Parlamento de Galicia
O Concello de Benissa organizou unha serie de talleres dirixidos aos alumnos dos institutos da localidade nos que estes teñen a oportunidade de practicar técnicas de dobraxe en valenciano. Con estes obradoiros, búscase a promoción do valenciano e o seu uso social, ademais de incitar á mocidade a consumir produtos audiovisuais nesta lingua.
Fonte: El Periodic
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña entregou os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá, que recaeron no profesor Juan Frigola Masclans, a escola barcelonesa Tres Pins e a televisión dixital Webvisual TV.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín