A iniciativa consiste na creación dun conto colectivo no que participa o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Santiago.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou en Ribeira no acto conmemorativo do Día Internacional da Lingua Materna 2015, que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co concello barbancés, e no que tamén estivo o rexedor municipal, Manuel Ruíz Rivas.
Fonte: Xunta de Galicia
Nun contexto multicultural como é na actualidade o País Vasco, onde se falan ata un centenar de linguas diferentes, o Goberno vasco e o club de escritores Euskal PEN publicaron un manifesto no que apostan polo éuscaro como elemento integrador.
Fonte: El País
A Xunta de Galicia apoia a lingua propia do noso país como vantaxe empresarial competitiva nos países de fala portuguesa. No marco do desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, o executivo galego prevé na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
Os deputados do Parlamento de Timor Leste reiteraron o seu apoio ao portugués e ao tetún como linguas oficiais do país asiático e defenderon a súa protección no sistema educativo.
O ano pasado, só un de cada 65 novos estudantes que comezaron a universidade no Reino Unido decidiu cursar estudos en linguas modernas.
Fonte: The Conversation
Marisa Mendonça, responsable do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), defende que cada vez máis países se interesan por programas de ensino de portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña vai celebrar diversos actos repartidos por toda a comunidade para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna e reivindicar a diversidade lingüística.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Parlamento de Navarra aprobou a modificación da Lei do éuscaro para permitir a ampliación do modelo D (de educación en éuscaro) a toda a comunidade de acordo coa súa demanda.
Fonte: Noticias de Navarra
Un estudo dunha universidade estadounidense revela información máis precisa sobre o lugar e a época en que se orixinaron as linguas indoeuropeas.
Fonte: EurekAlert
Boletín
Subscríbase ao boletín
