Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de febreiro de 2015

    O libro Doctrina Christiana, o primeiro escrito en éuscaro labortano clásico, apareceu en Dinamarca despois de levar desaparecido durante séculos.

    Fonte: El País

    17 de febreiro de 2015

    Un investigador da Universidade Charles Darwin (Australia) creou o primeiro dicionario en liña das linguas aborixes yolngu do Territorio do Norte de Australia.

    Fonte: SBS

    17 de febreiro de 2015

    Unha manifestación a favor da lingua occitana, convocada polo Instituto de Estudos Occitanos e as escolas de inmersión Calandretes, percorrerá as rúas de Montpellier o vindeiro 24 de outubro.

    Fonte: Nationalia

    17 de febreiro de 2015

    O curso "Chegou o mar á ribeira" mostrará o vocabulario, a toponimia ou as expresións relacionados coa auga salgada.

    Fonte: Concello de Vigo

    17 de febreiro de 2015

    No Boletín Oficial da Provincia aparece a resolución das axudas a concellos e entidades locais para a creación ou mantemento dos servizos lingüísticos durante o ano 2015.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de febreiro de 2015

    Un proxecto impulsado por unha asociación de Leiría (Portugal) tenta combater a exclusión social da comunidade de persoas inmigradas por medio da aprendizaxe de linguas.

    Fonte: Observador

    16 de febreiro de 2015

    Un estudo revela que, entre 2009 e 2014, a lingua portuguesa é a que máis medrou en número de alumnos nas universidades dos EUA.

    Fonte: Observador

    16 de febreiro de 2015

    A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a responsable da concesión do Premio AELG 2015 'Institucións' pola defensa do galego levada a cabo polo Colexio de Xornalistas de Galicia e pola Asociación de Medios en Galego.

    Fonte: Europa Press

    16 de febreiro de 2015

    Segundo a base de datos de videoxogos vascos Minimap, o 28,3 % dos xogos desenvolvidos no País vasco son en éuscaro.

    Fonte: Vascopress

    16 de febreiro de 2015

    O Concello de Zaratamo, unha das poucas localidades do País Vasco que non contaba con un, aprobou o seu primeiro Plan de normalización de uso do éuscaro.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder