Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de maio de 2015

    Destínanse un total de 10 000 euros para a realización de teses e traballos de investigación, fin de grao, fin de mestrado e fin de carreira en lingua galega. O prazo para presentar solicitudes finaliza o día 30 de setembro.

    Fonte: Universidade de Vigo

    25 de maio de 2015

    Debido á popularidade coa que contan as clases de catalán para adultos na illa, o Goberno balear e o concello de Eivisa puxeron en funcionamento cursos de baixo custo para facilitarlles o acceso á lingua ás persoas interesadas en aprendela.

    Fonte: Periódico de Ibiza

    25 de maio de 2015

    O municipio guipuscoano de Andoain prepara a súa Semana do Deporte, cuxo lema “No deporte tamén en éuscaro” busca a promoción do uso desta lingua nas actividades deportivas.

    Fonte: Diario Vasco

    25 de maio de 2015

    O certame María Markotegi de creatividade en éuscaro celebrado na Mancomunidade de Sakana entregou os seus premios aos estudantes que participaran.

    Fonte: Noticias de Navarra

    25 de maio de 2015

    A partir do mes de outubro está dispoñible o primeiro currículo nacional pensado no ensino das linguas aborixes australianas.

    Fonte: The Guardian

    25 de maio de 2015

    O antigo ministro portugués de Asuntos Exteriores, Luís Amado, defendeu con motivo do Festival da Lusofonía de Lisboa o papel responsable que ten Portugal na expansión e promoción da lingua portuguesa no mundo.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    25 de maio de 2015

    O certame está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación, a proposta da Liga Estudantil Galega, e co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. As persoas que desexen participar deberán presentar unha peza audiovisual breve cunha comedia en lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    25 de maio de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do “VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto”, convocado conxuntamente por Coca-Cola Iberian Partners e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de promover as destrezas lingüísticas da expresión escrita e da comprensión lectora en galego da mocidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de maio de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Festival de Cans cun grupo de 100 alumnos e alumnas do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño (A Coruña), un dos centros gañadores da pasada edición do certame audiovisual de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de maio de 2015

    Un informe da BBC revela que cada vez máis persoas consomen contidos en lingua galesa na páxina de televisión en liña da canle S4C.

    Fonte: Cable

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder