Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de maio de 2015

    Este certame premia a calidade lingüística dos traballos académicos, os proxectos de fin de carreira (PFC) ou os traballos de fin de grao (TFG) e dos fin de mestrado (TFM) redactados en lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago

    22 de maio de 2015

    Unha iniciativa inédita, coordinada polo Museo do Indio e co apoio da UNESCO, pretende documentar o legado lingüístico de 35 etnias brasileiras para salvalas da extinción.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    21 de maio de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria, convocados pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (UVigo) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de maio de 2015

    Os nomes de Hugo e Noa foron os preferidos para os nenos e nenas nacidos en Galicia no ano 2013. Por outra banda, os apelidos máis abundantes son Rodríguez, García e López.

    Fonte: Galicia Hoxe

    21 de maio de 2015

    A organización Fala Ceibe do Bierzo denuncia que esta nova orde constitúe un retroceso para a consolidación do galego neste territorio.

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de maio de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de maio de 2015

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana reclamou unha maior presenza da lingua asturiana na televisión pública de Asturias, dado que ata agora a súa presenza é de tipo anecdótico e non regular.

    Fonte: Asturnews

    21 de maio de 2015

    O Departamento de Cultura do Goberno catalán e a Deputación de Barcelona asinaron un acordo para fomentar o catalán, especialmente nas empresas, que consistirá en 1125 horas de formación nos centros de promoción económica locais.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    20 de maio de 2015

    Un proxecto educativo permitirá que 18 novos centros de ensino de Flandres (Bélxica) impartan a partir de setembro materias técnicas en linguas estranxeiras.

    Fonte: Expatica

    20 de maio de 2015

    A nova edición en braille do xornal portugués Jornal de Notícias terá unha tiraxe de 1000 exemplares e será distribuída noutros países lusófonos.

    Fonte: Jornali

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder