Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de febreiro de 2015

    A compañía aérea Air Canada aplicou ata agora só unha das doce recomendacións presentadas polo comisario de Linguas Oficiais en 2011 sobre o uso do inglés e o francés.

    Fonte: The Star

    06 de febreiro de 2015

    O presidente da Asemblea Nacional de Angola quere que a constitución do país se divulgue nas linguas nacionais.

    Fonte: ANGOP

    06 de febreiro de 2015

    A webserie, que leva por título Mírame cuando te hablo, está producida pola asociación Idendeaf para persoas xordas. A primeira tempada conseguiu en YouTube máis de 100 000 reproducións.

    Fonte: El Correo Gallego

    06 de febreiro de 2015

    A convocatoria, promovida pola Escola Galega de Administración Pública, inclúe varios cursos de temática lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de febreiro de 2015

    O Departamento de Política Lingüística do Goberno Vasco reclamoulle á Unión Europea que o éuscaro e outras linguas minoritarias sexan consideradas oficiais nesta institución.

    Fonte: El País

    06 de febreiro de 2015

    A Academia Valenciana da Lingua lanzará a aplicación para móbiles do dicionario normativo da lingua valenciana.

    Fonte: Levante-emv

    05 de febreiro de 2015

    O CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e a EPA Río Lérez de Pontevedra resultaron os centros de ensino gañadores do Concurso-Escolar Letras Galegas 2015 -nas categorías de educación infantil e primaria e de educación secundaria e bacharelato, respectivamente-, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de febreiro de 2015

    O Concello de Carral convoca a décimo oitava edición do seu certame de poesía co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de febreiro de 2015

    O obxectivo da campaña é que os alumnos de éuscaro poidan practicar a lingua mentres socializan e o pasan ben.

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de febreiro de 2015

    O Consello Escolar do Estado aprobou unha emenda que deixa a porta aberta á especialidade docente de asturiano.

    Fonte: Asturias 24

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder