Esta convocatoria, posta en marcha pola Biblioteca Ánxel Casal, ten como finalidade promover a creatividade e a creación literaria en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta convocatoria, posta en marcha pola Biblioteca Ánxel Casal, ten como finalidade promover a creatividade e a creación literaria en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Servizo de Normalización Lingüística organiza novas actividades nos centros de ensino de ESO, Bacharelato e FP, así como 4º, 5º e 6º de Primaria.
Fonte: Concello de Vigo
A utilización dos idiomas nacionais de Angola na música é un elemento imprescindible para valorar e reforzar a identidade cultural, declarou a cantante angolana Lina Alexandre.
Fonte: ANGOP
Segundo as estimacións de especialistas na materia, 60 linguas indíxenas corren o risco de desaparecer no Brasil, o que representa o 30 % do total estimado de idiomas falados no país.
Fonte: Cruzeiro do Sul
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia comparte a vontade expresada na declaración institucional dada a coñecer pola Real Academia Galega (RAG) de garantir o futuro da lingua propia de Galicia e aposta por manter o seu compromiso para crear actitudes positivas cara ao galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Nunha enquisa realizada polo Centro de Estudos de Opinión, os cidadáns cataláns consideran a política lingüística da Generalitat como a mellor das levadas a cabo polo goberno catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Dada a tendencia á alta das matrículas do modelo D dos últimos anos e os bos resultados obtidos polos estudantes deste modelo, espérase un incremento dos nenos de 3 anos na educación en éuscaro en Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Centro de Linguas da Universidade do Algarve ofrece novos cursos de linguas para o segundo semestre deste ano académico.
Fonte: Sulinformação
O mapa Wordmap mostra a tradución dunha determinada palabra nas diferentes linguas do mundo e a extensión das diferentes familias lingüísticas no planeta.
Fonte: Daily Mail
Subscríbase ao boletín