A campaña “Igualdade lingüística é…” busca concienciar a toda a comunidade universitaria para que utilicen o valenciano.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A campaña “Igualdade lingüística é…” busca concienciar a toda a comunidade universitaria para que utilicen o valenciano.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Estudos científicos recentes ofrecen medidas para resolver o paradoxo do portugués: ser a quinta lingua máis falada no mundo e ter unha influencia cultural e unha preparación tecnolóxica deficientes.
O xornal Diário de Todos publicarase a partir de agora en papel en edición bilingüe: portugués e chinés.
Fonte: Dnotícias
O investigador Marcos García dedicou a súa tese doutoral a desenvolver ferramentas tecnolóxicas que melloran a capacidade de procesamento do galego, o español e o portugués.
Os vídeos científicos foron elaborados polo grupo Divulgare, do Laboratorio de evolución e ecoloxía da Universidade de Vigo. A iniciativa de traducilos ao galego xorde da colaboración coa Área de Normalización Lingüística.
Fonte: Universidade de Vigo
Os datos que se ofrecen reflicten o emprego maioritario do castelán na docencia. Tamén se mostra como os usos lingüísticos son diferentes en función do departamento e da categoría do profesorado.
Fonte: O Cartafol
O Concello de Santurtzi anunciou as actividades do Plan de acción para a promoción do uso do éuscaro correspondentes ao ano 2015, entre as que haberá campañas en centros educativos, comercios e internet.
Fonte: El Correo
O Mapa Lingüístico do Goberno de Navarra descubriu que o uso e coñecemento do éuscaro descendeu na zona vascófona, aínda que o número total de falantes desta lingua na comunidade aumentou.
Fonte: EiTB
O Goberno francés considera prioritario o dominio da lingua francesa e quere introducir un sistema de avaliación do nivel do alumnado no ensino primario.
Fonte: Le Figaro
Un novo estudo sobre o uso real da lingua galesa revela que o 11 % da poboación do País de Gales de máis de tres anos fala galés con fluidez, 7000 persoas menos que hai dez anos.
Fonte: Wales Online
Subscríbase ao boletín