Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2015

    A partir do outono de 2016, o inglés comezará a impartirse un ano antes nas escolas finlandesas, no segundo curso da educación básica.

    Fonte: YLE

    08 de maio de 2015

    A Universidade do Miño (Braga, Portugal) abriu as inscricións para a 25 edición do seu Curso de Verán de Portugués Lingua Estranxeira.

    Fonte: Gazeta do Rossio

    08 de maio de 2015

    O deputado portugués Ribeiro e Castro (CDS-PP) defendeu que Portugal debería facer máis para reafirmar o portugués como lingua global en Europa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    08 de maio de 2015

    A pesar de que na República de Irlanda a situación da lingua propia é cada vez máis débil, no ensino universitario estase a percibir un incremento no número de estudantes de irlandés.

    Fonte: Irish Times

    08 de maio de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregoulles ao alumnado e ao profesorado da EPAPU Río Lérez o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 na modalidade de Educación Secundaria, Formación Profesional, Bacharelato e Ensinanzas Especiais polo traballo “Filgueira Rima con Armenteira”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de maio de 2015

    O programa desenvolverase entre os días 1 de maio e 16 de xuño de 2015. Con estas actividades o Concello de Pontevedra súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de maio de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora coa II Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o sábado 16 de maio ás 17:30 horas na capital de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de maio de 2015

    As subvencións están dirixidas a agrupacións de concellos da provincia de Lugo para crear ou manter servizos de normalización lingüística durante a anualidade 2015–2016.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de maio de 2015

    O TERMCAT publicou un novo dicionario en liña sobre terminoloxía das ciencias da saúde. Este novo dicionario en catalán é un compendio doutros doce dicionarios anteriores sobre ciencias médicas e farmacolóxicas.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    07 de maio de 2015

    Un novo informe destaca o aumento de falantes de catalán nos últimos dez anos. De feito, esta lingua conta agora con 1,4 millóns de falantes máis.

    Fonte: Radio Intereconomía

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder