Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de maio de 2015

    A campaña “Ensinas máis do que cres”, posta en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística, vai dirixida ao persoal docente da Universidade compostelá e parte da idea de que cando este colectivo emprega o galego nas súas clases o seu alumnado tamén o utiliza en maior medida.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    05 de maio de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Parlamento de Galicia no acto de entrega dos XXII Premios de Publicidade en Galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de maio de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recupera o labor editorial e cultural de Bibliófilos Gallegos cunha exposición organizada pola Biblioteca de Galicia que percorre a traxectoria da editorial a través dunha selección de máis de 70 libros e documentos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de maio de 2015

    O Goberno de Navarra vai crear novos certificados de acreditación do nivel de éuscaro que se adapten ao marco europeo das linguas e que sirvan como estándar para todas as administracións.

    Fonte: 20 minutos

    05 de maio de 2015

    O español foi reivindicado como lingua de transmisión do coñecemento científico, en concreto biomédico, durante a celebración do Foro Internacional do Español que tivo lugar en Madrid.

    Fonte: El Economista

    04 de maio de 2015

    O Parlamento vasco rexeitou unha proposición que defendía a imposición de multas ás empresas que non utilizasen o éuscaro na atención ao cliente.

    Fonte: Deia

    04 de maio de 2015

    O estudo da lingua asturiana nos centros educativos de Primaria conta actualmente con 17 000 alumnos, é dicir, un 53 % do total, unha cifra moi superior ao 15,43 % en Secundaria ou o 3,58 % en Bacharelato.

    Fonte: Te Interesa

    04 de maio de 2015

    O seminario "Contribución da lingua portuguesa na construción dunha identidade comunitaria" será o acto central da celebración do Día da Lingua Portuguesa na universidade parisiense Sorbonne Nouvelle.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    04 de maio de 2015

    A rexión de Toscana non destinou este ano un só euro para financiar a Academia da Lingua Italiana da Crusca e 30 dos seus colaboradores poderían perder o seu emprego.

    Fonte: La Nazione

    04 de maio de 2015

    Os vídeos que se presenten ao concurso, posto en marcha pola asociación Queremos Galego Marín, deben tratar sobre a importancia do uso do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder