Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de maio de 2015

    O curso “Lingua galega en documentos administrativos” está destinado ao persoal da deputación e tamén aos concellos da provincia adheridos ao Plan agrupado de formación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de maio de 2015

    A asociación ORAL de Galicia (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia) colabora con esta iniciativa que busca promover o galego entre o alumnado da cidade.

    Fonte: El Correo Gallego

    02 de maio de 2015

    O Parlamento Nacional de Timor Leste celebra a Semana da Lingua Portuguesa cunha importante variedade de actividades culturais.

    Fonte: Visão

    02 de maio de 2015

    As políticas do Goberno chinés a favor do mandarín poderían pór en perigo a supervivencia da lingua cantonesa.

    Fonte: CBC

    30 de abril de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu un grupo de 135 alumnos e alumnas que estudan galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, de visita de estudos en Galicia durante estes días.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de abril de 2015

    Neste encontro sociolingüístico participará o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e do CPI de Mondariz.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de abril de 2015

    A plataforma Berdin Elkartea, que aglutina tanto a traballadores sanitarios como a pacientes, reclama o dereito dos vascos a recibir atención sanitaria en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    30 de abril de 2015

    A vila valenciana de Burjassot decidiu contar coa presenza dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos municipais para poder traducir as sesións á lingua de signos e desta forma incluír as persoas con discapacidade auditiva.

    Fonte: Horta Noticias

    29 de abril de 2015

    Un informe realizado pola oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, revelou que os bancos do País de Gales deben ofrecer mellores servizos en galés para garantir os dereitos dos falantes.

    Fonte: BBC

    29 de abril de 2015

    O estado federado alemán de Schleswig-Holstein estuda declarar oficiais as tres linguas minorizadas do territorio: o baixo alemán, o dinamarqués e o frisón.

    Fonte: Shz

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder