Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de abril de 2015

    O Concello de Pasaia puxo en marcha unha nova campaña de promoción da lectura en éuscaro, coa que os lectores que acudan á biblioteca municipal e retiren un libro nesta lingua, recibirán un desconto na compra dun libro en éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    26 de abril de 2015

    Nun acto organizado en Pamplona por Kontseilua, o Consello de Organismos Sociais do Éuscaro, reivindicouse o dereito da poboación navarra a vivir en éuscaro, para o que se necesita, entre outras cousas, unha modificación das leis actuais.

    Fonte: EITB

    24 de abril de 2015

    A CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística inician unha campaña de concienciación dirixida á sociedade para que esixan ser atendidos en galego nos centros de chamadas de empresa asentadas en Galicia.

    Fonte: Galicia Hoxe

    24 de abril de 2015

    Un festival fomentará na cidade portuguesa de Coímbra a música, os bailes e a gastronomía dos países africanos de lingua oficial portuguesa.

    Fonte: Visão

    24 de abril de 2015

    A Universidade Federal de Sergipe (Brasil) fomentará con actividades a divulgación e o ensino da lingua de signos brasileira.

    Fonte: Infonet

    24 de abril de 2015

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua trasladoulles ás organizacións políticas a súa proposta en materia de normalización lingüística para que a inclúan nos seus programas electorais para as vindeiras eleccións municipais.

    Fonte: CTNL

    23 de abril de 2015

    O VIII Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras conta con dous niveis, elemental (A1-A2) e intermedio (B1-B2).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de abril de 2015

    As manifestacións levaranse a cabo na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo baixo o lema "Galego, garantía de futuro".

    Fonte: Praza Pública

    23 de abril de 2015

    Un grupo de 35 alumnos e alumnas de lingua e cultura galegas da Universidade de Zúrich foron recibidos polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de abril de 2015

    O concurso anual de piropos en éuscaro celebrado en Ermua escolleu os seus gañadores, coa satisfacción de bater o récord de participación cun total de 185 piropos presentados.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder